miércoles, 21 de noviembre de 2012

os meus mellores amigos

-->
Mis mejores amigos


Ola son Manuel teño 9 anos cumpro 10 en decembro. Estou no parque as persoas están paseando os seus cans hai nenos xogando ao fútbol etc...As arbores están espidas, as follas no chan. Hai unha fonte con estatuas. O meu pobo esta todo cuberto de arbore sobre todo castiñeiros e . Hai moitas castiñeiras onde estou acostumbrado a xogar cos meus compañeiros ao fútbol, pero sobre todo con meu pai. Cos meus amigos xogo mais no equipo de fútbol, o sábado pasado nos tocou co pavillón perdímos 16-1 e este sábado nos toca co ponte en ourénse así que estamos bos e xa e de liga. No meu pobo hai un neno un pouco estupido que sempre anda pegándome un día metinlle unha patada e non quixo vir mais.Teño un tio de 17 anos esta en cuarto de eso porque repitiu 4 de secundaria.teño dous abós no carballiño e dous visabos tamen no carballiño e tamen os meus abos que son os meus veciños y ademais tamen viven os meus tios con eles. Os meus mellores amigos son: Yoel,Fernando,Nacho,Raúl,Alejandro,Dani e Jose. E as mellores amigas que teño son: Laura,María Victória,Lola,Rebeca e Laura Pinal..



Fin Manuel Glez Mosquera

Os dereitos do neno









Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son que posúen os nenos, e nenas adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
A primeira declaración de dereitos do neno, de carácter sistemática, foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1924, redactada por  Eglantyne Jeeb fundadora da organización internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de Decembro... o día do meu cumpleanos pero de 1924.
As Nacións Unidas aprobaron en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, incluía os dereitos do neno, porén, posteriormente chegouse ó convencemento de que as particulares necesidades dos nenos debían estar especialmente enunciadas e protexidas.
Por iso, a Asemblea Xeral da ONU, aproba en 1959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente Fondo das Nacións Unidas para a Infancia).
Os dereitos do neno poden dividirse nas seguintes categorías:
  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e países, coma a liberdade de expresión.
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa educación).

Daniel Fernandez Filloy

Lembranzas dun profesor chamado Carnicero

-->
Lembranzas dun profesor chamado carnicero feito por adrián . No seu artigo de Carnicero , acordouse dun traballo que fixera anos atrasde Manuel Luis Acuña. O artigo trataba de: o mal que o pasouna sua ñiñez e na sua marudez, a escola donde o botaron fora da quela escola, formou a sua propia escola chamada Boveda . O meu profesor carnicero lle acordou esta poesia del : eu ,un parviño, e lle quedou isto na caveza: (coa esperanza de que a guerra acavase.)

Adrián López López

Comentario de Madrid Arena


Comentario de Madrid Arena
O noso profe o carnicero deunos un artigo que era moi interesante porque di cousas que non debemos facer como os de Madrid arena uns xovenes que facían cousas que non deban e agora os que están no presente cando ven estas noticias acórdanse de que non o debían facer.

Giovanna Dapena Díz

La prueba do valor


HOME QUE MORRE CONFUNDIDO POR UN XABARIL





HOME QUE MORRE CONFUNDIDO
POR UN XABARIL


Un xoven de 23 anos morre disparado na caza polo seu compañeiro.
Parece ser que o seu amigo pensou que era un xabaril.
E mira por onde apelidabase Filloy coma eu e era de Silleda coma a miña familia , ao millor... era da miña familia.

De Daniel Fernández Filloy.

COMENTARIO DE QUE DIN OS RUMOROSOS


COMENTARIO DE

QUE DIN OS RUMOROSOS

A min pareceme moi bonito debido a que de pequeno eu o cantaba.E por outra parte ,é a cantiga que fixo que o galego resucitara cando era criticada polo resto de España.

Ignacio Fontaiñas Cendón

o verán era perfecto...


O verán era perfecto...
O verán era perfecto porque sempre xogaba coa miña mellor amiga Laura e tamen con Giovanna... Eu ia as piscinas municipais de O carballiño,a praia coas miñas amigas... A miña amiga Laura invitavame moitos dias a súa casa para xogar con ela e tirarnos a súa piscina.... No seu cumpleanos tamen facia calor etodos nos tiramos a sua piscina e xogamos todos xuntos logo cando fumos comer a tarta e as chuches.... Cando se acabou o cumpleanos todos nos fumos pero aquel dia foi moi bonito....
Cando viñen ao cole xa nos vimos todos e xogabamos no recreo y no recreo do comedor mais tarde o 1 de outubro.... E agora que xa temos recreo pola maña e pola tarde gustame mais o cole tamen gustame moito porque este ano tamen tenemos ordenador...Hoxe vino unha chica con nos a ingles e xogamos a saimon ses y a moitas cousas... gustame moito que ela veña con nosco a inglés....


María Victoria Estevez Echevers

A proba do valor

       A proba do valor

     RESUMEN DA PELÍCULA

     Había un Leiteiro que un día víu un señor correndo, e él empezou a correr.
     O señor díxolle que debería competir. Despóis foi a un sitio pra entrenar.
     Primeiro, fixéronlle  subir unha  montaña. Despóis  fixéronlle  subir unha 
     montaña cun señor ó lombo. Ao final dixéronlle que era moi bó correndo. Un
     día que tivo que competir, gañou, e lle  deron unha  copa. Había  tamén un 
     Africano que non lle pagaban, aunque  corría moito. Eran moi duros con él.
     Tamén había un que se chuleaba. Un día gañou unha carreira porque se dopou
     e despóis da  carreira  deulle un  mareo. Foi  ao médico e díxolle que non 
     podía correr en tres meses.

     Despóis de tres meses, houbo os  xogos Olímpicos. O Leiteiro, nunha sauna,
     empezou a correr de un lado para outro, para afacerse ó calor.
     Nos xogos  xuntáronse, o Leiteiro, o de Australia, e  ó Chulito. O día dos
     xogos o adestrador do  Leiteiro díxolle  que correse todo  o percorrido en 
     dúas horas. O Leiteiro intentóuno, é o chegar ao Estadio, non daba chegado
     a meta. O Chulito, ao non tomar  drogas, non daba camiñado. O Australiano,
     chegou de segundo a meta. Ao final, o Leiteiro leváronno o hospital.

     COMENTARIO

     A película gustoume moito, porque trata de que se intentas correr moito
     pódeche pasar algo.



                                  Laura Pinal Penedo

LA PRUEBA DEL VALOR

-->



E unha bonita película que fala de tres persoas que acaban de corredores famosos; un deles era un repartidor de leite( inglés), un corredor estadounidense e un indíxena australiano.

                    Daniel  Fernandez Filloy

PARA QUE PRECISAMOS ALIMENTOS




Unha correcta alimentación pode ter un montón de beneficios para a saúde. Cunha boa alimentación estás cuidando o teu corpo e o mantés sempre sano.
Moitas enfermedades dependen da maneira na que nos alimentamos, xa que con una boa alimentación pódense evitar a súas consecuencias.
A mellor forma é a través dunha alimentación que aporte para cubrir os requerimentos de cada organismo do noso corpo.


Rebeca Romero López

jueves, 15 de noviembre de 2012

O corazón de Daniel

Como Daniel ten un corazón grande, quixo facer un debuxo para axudar a todos a estudiar o tema para mañá.

BEN DANIEL


martes, 13 de noviembre de 2012