Polas
corredoiras
Quen
non tivo medo nunha corredoira onde había ladróns, ou pasaba a
Santa Compaña, ou aparecían sombras xigantes que metían medo?
Ía
o médico de aldea camiñando a casa dun enfermo, e atopouse a un bo
home que tamén ía tamén camiñando cunha gadaña ao lombo.
Ían
falando e fumando os dous cando o médico pisou unha tona que se
levantou e o home tropezou con ela, caeu, e non se cortou a xugular
porque Deus non quixo.
O
médico naquel momento ( por pouco tráxico),pasou moito máis medo
que aquel home.
O
médico foi a consultar dous enfermos e máis tomarlle a tensión a
outros , que era unha cousa nova.
Estiveron
falando unha hora máis ou menos. O médico marchou para casa con
pouca luz no camiño,pero contento sabendo que había rematado a
xornada e ía descansar.
Estivo
pensando e foiselle a cabeza a a santa compaña.
Foi
andando a xeito pola carballeira mirando as luces,
un
grupo a dereita e outro a esquerda, non se movían nin nada.
Serían
eléctricas?
Seguiu
andando, pero nada, non movían nin un “dedo”.
Acabou
por perder o medo, tampouco había visto a ninguén raro.
Deuse
conta de que as luces estaban nuns canotos grandes e vellos de
carballo.
Sabía
do camiño e dos canotos pero nunca pensou que puidera producir tanta
luz.
Eran
fogos fatuos.
Texto
orixinal de Manuel Reimondez Portela
Resumo
de Daniel Fernández Filloy
Daniel
Fdez. Filloy 6º A