miércoles, 12 de junio de 2013

O mural de historia

Cada ano que pasa estou máis convencido de que os contidos que temos que dar en Coñecemento do Medio son demasiado extensos. Por iso, e xa son case 20 anos traballando neles, ao remate do terceiro trimestre facemos un traballo dos temas de historia. Non porque sexan menos importantes están ao final, nin porque fagamos un traballo non os traballemos mellor cos outros, o que acontece é que son "noticia", porque ao final podedes representar os vosos coñecementos nun mural. Hoxe que todo, ou case todo é tecnoloxía, presentacións de power-point,e ún longo etcétera de soportes técnicos, o feito de pintar e expresar, elexir e decidir o que podemos presentar aos demáis, ten un sentido especial.


Especial é tamén o meu sentimento de satisfacción polo bo comportamento ao "reventar a clase". Xa sabedes. Mudar case todas as mesas e cadeiras da parte central para facer a mesa de traballo. Crear a Comisión de elección de traballos e recortar algunhas fotografías afins ao tema tratado. Pegar o mural e esperar sen  que as conversas  ultrapasen o umbral sonoro que distorsione o funcionamento doutras clases próximas....Tantas cousas que xa funcionan moi ben e que fostes aprendendo durante o ano.


No mural non cabían todos os traballos, pero vós mesmos elexistes os que debían estar.



Parabens polo voso traballo. Ficou xenial.



O profe CARNICERO



No hay comentarios:

Publicar un comentario