miércoles, 13 de noviembre de 2013

Aos nenos e nenas de SEXTO A

       A xenerosidade de todos os nenos e nenas de sexto A do Edificio da Uceira mostrouse desde hai moito tempo, e este venres esperamos se vexa en certa medida recompensada, cun acto de recoñecemento polo voso traballo.



      Hoxe na prensa local puidemos ler algo dese traballo de filatelia doado á Sociedade Filatelica Miño. Gostaría que estivese máis persoalizado nas nenas, nos nenos e en D. Tomás (Monitor Nacional), que de xeito altruista veu varias veces a dar unhas charlas. Persoalmente creo que non merezo máis recoñecementos que os que cada día me dades e mostrades, con miradas claras e mostras de confianza. Sei que cos anos algo partirá para o esquecemento, pero moito ficará nos corazóns e a partires dese momento, e dicer agora, a sociedade será máis xenerosa, grazas a todo o que tedes aprendido. Parabéns tamén aos vosos papás que sempre velan por vós e apoian o traballo na escola, a mesma que en poucos meses botaredes de menos.




http://www.laregion.es/noticia/269852/filatelia/cuela/

                                                                                                         O profe Carnicero

No hay comentarios:

Publicar un comentario