miércoles, 11 de junio de 2014

FIN DE CURSO E PECHE DO BLOG

O tempo vai paseniño pero non se detén con niguén. Parece que foi onte cando Lola e Rebeca tiveron a boa idea de inaugurar este espazo de investigación e expresión, libre de censuras e cheo de sentidiño. Parece que seguimos sendo os mesmos pero despois destes dous anos, imos mudando pouco a pouco. Eso si, mudamos para ben. Para construir todos xuntos unha sociedade mellor, porque formamos parte dela, porque somos o seu futuro. Temos o futuro nas nosas maus e todas as ilusións nos nosos corazóns.

Agora chega unha nova etapa coa que tamén me podo identificar. Medos, incertidume, novos profesores e compañeiros e unha morea inmensa de folios e libros por descubrir e estudar. Tanto ten, porque imos ben preparados. Estamos dispostos a dar unha conferencia en público se alguén o propón, o mesmo de facer unha exposición se houbese lugar e posibilidade para elo. Sabemos ser críticos e argumentamos o que nos poñan por diante, sabendo que iso pouco ten que ver con ser "cotillas", pero sí con ser un pouco incómodos para os que queiran asoballar sen razóns.

Despois destes anos de convivencia, chega o final. Ese é o motivo de que este blog ficará no tempo sen volverse a actualizar nunca máis. Quizais,  nese tempo que decorre paseniño alguén se lembre de todos nós, pero unha cousa é segura: CHEGAMOS Á META CON ÉXITO.

Saúde e Terra

O profe CARNICERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario