jueves, 25 de abril de 2013

As bombas de Boston


As bombas de Boston
O maratón de Boston é unha das cinco célebres carreiras deste tipo que se realiza en EUA e a máis antiga Este ano era a súa 117 edición. Mais o estoupido de dúas bombas (unha terceira foi desactivada pola Policía) tinxiu de sangue esta proba. Hai tres mortos e ducias de feridos, unha cifra que aínda pode engrosar.
O estoupo das bombas produciuse perto da liña de meta cando xa entraran os corredores profesionais mais aínda seguía chegando xente. O pánico foi instantáneo segundo recoñecen as testemuñas presenciais hai que ter en conta que nesta proba tomaban parte por volta de 30.000 persoas.
As autoridades procederon a adoptar diversas medidas de emerxencia, desde a evacuación de hoteis da contorna até pechar o espazo aéreo desa zona de Boston.
O propio presidente de EUA, Barack Obama, recoñeceu estar “moi preocupado” polo acontecido. Nunha mensaxe á nación, Obama sinalou que atoparán e punirán aos responsábeis dos feitos atopen onde se atopen.
María Victoria Estévez Echevers...

No hay comentarios:

Publicar un comentario