viernes, 26 de abril de 2013

Ella


Ella Fitzgerald
Ella Jane Fitzgerald, coñecida como Ella Fitzgerald e alcumada Lady Ella e The First Lady Of Song (A primeira dame da canción) , nada en
Newport News o 25 de abril de 1917 e finada en Beverly Hills o 15 de xuño de 1996 , foi unha cantante estadounidense de jazz. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe swing, blues, bossa nova, samba, gospel, calipso, cancións de nadal, pop etc.
Canta Billie Holliday e Sarah Vaughan, está considerada como a cantante máis importante e influente da historia do jazz (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas, destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no scat, técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o bop. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de Frank Sinatra coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os songbooks de Duke Ellington, Cole Porter, Johnny Mercer etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
Gañou 13 Premios Grammylardoada ca Medalla Nacional das Artes e a Medalla Presidencial da Liberdade de Estados Unidos.
María Victoria Estévez Echevers.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario