jueves, 29 de mayo de 2014

A visita de Chisco


A visita de Chisco.

Onte día 26 de maio, veu Francisco X. Fernández Naval ao noso colexio. Os seus amigos chámano Chisco. Durante a súa vida tivo moitos nomes diferentes. El empezou a escribir aos 16 anos,porque o colexio era de nenos e empezou a ir nenas. As nenas lles gustaban os nenos que xogaban ao baloncesto, por iso el quería xogar ao baloncesto pero non xogaba ben. Un día empezou a facer versos,e así é como empezou a escribir. Tamén fixo moitas historias. Inventouse un personaxe que é o detective Suso Espada,así chamábase o seu xefe. Ten 7 libros de poemas e varios de historias. Cando xa estaban acabando as clases tocaron uns poemas coa música que compuxo o profesor Carnicero.
Paséino moi ben. Parabéns Chisco!!!!!!!

Laura Pinal Penedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario