jueves, 22 de mayo de 2014

Descubrimento América


DESCUBRIMENTO DE AMERICA :
O termo descubrimento de América úsase para referirse á primeira chegada documentada de europeos en América con grandes consecuencias históricas. Non foi a primeira chegada de europeos, porque hai indicios de que os viquingos chegaron ao actual Canadá e probablemente aos actuais Estados Unidos a finais do século X (de feito, atribúese a Erik o Roxo o descubrimento de Vinland, un 9 de outubro do ano 1000, sendo o primeiro europeo en pisar América)con todo,a súa visita non tivo efectos importantes na historia posterior do continente,hai que mencionar que ao século XV (15) o termo descubrimento era sinónimo de cristianización . Polas razóns anteriores, a expresión descubrimento de América úsase habitualmente para se referir á chegada a América dun grupo expedicionario castelán -aragonés que, representando ós Reis Católicos de e Castela e Aragón, partiron dende o Porto de Palos de la Fronteira, comandados por Cristovo Colón, e chegaron o venres 12 de outubro de 1492 a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani . As viaxes dos portugueses a India seguindo a costa Africana significaron un estímulo para os que crían na ruta cara ó oeste como o camiño máis curto para chegar ata Asia . Cristovo Colón foi partidario desta hipótese. Apoiado polos Reis católicos, organizou unha viaxe de exploración que o conduciu á costa americana en 1492 . Cristovo Colón cría que chegara ó continente asiatico , denominado polos europeos Indias e morreu sen saber que chegara a un continente descoñecido polos europeos.A expresión "descubrimento de América" para se referir á chegada de Colón ó continente americano foi criticada por diversos sectores, culturas e estudosos, dando lugar a un amplío e apaixonado debate. Neste artigo adóptase como significado do termo, tóldoas viaxes realizadas por Colón a América, o encontro dos europeos coas distintas culturas americanas que habitaban esas terras, así como as relacións e conflitos inmediatos entre indíxenas e europeos que ese encontro produciu . Trátase dun dos momentos álxidos da historia universal porque significou o encontro de dous mundos humanos que se desenvolveran independentemente, sen que ningún coñecese a existencia do outro.

Ainhoa R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario