viernes, 14 de diciembre de 2012

A lúa


A lúa

A Lúa é o satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol.
A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra.
A Lúa xira arredor da Terra, acompañándoa no seu xiro arredor do Sol. A súa órbita é elíptica, cun perixeo a 356.400 km e un apoxeo a 406.700 km, momento no que a lúa se ve máis pequena aínda estando chea (de calquera xeito, non deixa de ser unhas 25.000 veces máis brillante ca Sirio).

A orixe da Lúa é incerta, mais as similaridades no teor dos elementos atopados tanto na Lúa canto na Terra indican que ambos os corpos puideron ter unha orixe común.
Nese aspecto, algúns astrónomos e xeólogos alegan que a Lúa teríase desprendido dunha masa incandescente de rocha licuefeita primordial, recén formada, a través da forza centrífuga. Outra corrente supón que o choque dun planeta desaparecido, denominado Theia, e aínda no principio da formación do planeta, tería forzado a expulsión dunha masa de rocha líquida, que sería aprisionada polo campo gravitacional do corpo maior. Esta teoría recibiu o nome de Big Splash.
Hai aínda un grupo de teóricos que consideran que, sexa cal fose a forma como surxiron, habería dous satélites naturais orbitando a Terra: o maior sería a Lúa, e o menor tería voltado a chocar coa Terra, formando as masas continentais.A orixe da Lúa é incerta, mais as similaridades no teor dos elementos atopados tanto na Lúa canto na Terra indican que ambos os corpos puideron ter unha orixe común.
No comezo da década de 1960, o presidente John F. Kennedy puxo como meta para os Estados Unidos de América o envío dun home á Lúa antes da fin desa década. Este desafío concretouse no proxecto Apollo. O 20 de xullo de 1969 Neil Armstrong converteuse no primeiro home en camiñar pola Lúa.
Existen grupos que dubidan deste evento, alegando que a Lúa transmitida pola televisión foi un escenario montado, e todo o evento sería usado como propaganda do réxime estadounidense durante a Guerra Fría.






Maria Victoria Estevez Echevers...

No hay comentarios:

Publicar un comentario