viernes, 14 de diciembre de 2012

Os obxetos de xiran arredor do sol

-->
Os obxectos que xiran ao redor do sol
Arredor do Sol xiran oito planetas, os seus satélites e outro obxectos, seguindo traxectorias que se chaman órbita.

Os oito planetas e os seus satélites:

Por orde de proximidade ao Sol, os planetas son Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Arredor de moitos planetas hai satélites: a Terra ten un satélite chamado Lúa .

Planetas ananos :
Son esféricos e algo menores que os planetas. Xiran arredor Sol, máis alá de Neptuno. O mais coñecido é Plutón, que antes se consideraba un planeta.

Os asteroides:
Son fragmentos de rocha ou metal de tamaños e formas variados. Moitos concéntranse nun cinto que rodea ao Sol entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

Denominamos meteoritos aos asteroides que chocan con planetas ou satélites e forman cráteres na súa superficie.

As estrelas fugaces son pequenos meteoritos que se desintegran na nosa atmosfera.

Os cometas:
Son obxectos compostos por rochas e xeo. Cando se achegran ao Sol, a calor solar evapora os seus materiais e arrástraos facendo que formen unha cola ao seu redor.

Giovanna Dapena Díz

No hay comentarios:

Publicar un comentario