O
Sistema
Solar
é o conxunto de corpos celestes na galaxia
chamada Vía
Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol.
Inclúe os planetas
como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como
asteroides,
cometas e
satélites.
Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela
de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue
unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen
moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube
de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Dos moitos
obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida
dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio,
Venus,
Terra e Marte,
están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro
exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores,
Xúpiter e
Saturno, están
compostos principalmente de hidróxeno
e helio; os dous
restantes Urano e
Neptuno, están
formados en gran parte por xeo de auga,
amoniaco e
metano, e adoitan a
ser chamados "xigantes de xeo".O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoniaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións
MVictoria Estevez Echevers
Bo comentario Mary.
ResponderEliminar