viernes, 18 de enero de 2013

A biomasa 2


A biomasa
A biomasa é unha fonte de enerxía renovable que se compón da materia viva producida polas plantas, árbores, animais, fungos ou bacterias. Aínda que ten sido aproveitada dende que o home utiliza o lume, a consideración actual da biomasa como fonte de enerxía limpa faise dende unha nova perspectiva.
Unha parte do combustible utilizado na produción desta enerxía procede de materiais residuais que é preciso eliminar: restos de operacións selvícolas, matogueira e subprodutos derivados da primeira transformación da madeira. O aproveitamento enerxético permite converter un residuo nun recurso. No caso da matogueira, ao tempo que se elimina material inflamable -acelerador dos incendios forestais- apórtaselle á masa forestal a densidade axeitada para favorecer que as árbores dispoñan de espazo, luz e auga.
A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais incentiva o aproveitamento da bioenerxía, xa que contribúe á creación de emprego e beneficia o desenvolvemento económico do medio rural porque está baseada nun recurso disperso no territorio. Abre a posibilidade de substituír cultivos excedentarios no mercado de alimentos por cultivos enerxéticos, ofrecendo novas oportunidades ao sector agrícola, e supón unha área importante de innovación tecnolóxica.
A tecnoloxía para a explotación desta fonte de enerxía está desenvolvida dabondo como para ser xa unha realidade e unha alternativa a outras non renovables ou, cando menos, diminuír a dependencia destas últimas. En canto á incidencia no medio ambiente, hai que salientar a ausencia de contaminantes sulfurados ou nitroxenados e a practicamente nula presenza de partículas sólidas nas emisións.
María Victoria Estévez Echevers...

No hay comentarios:

Publicar un comentario