viernes, 11 de enero de 2013

A Terra


A Terra
A Terra formouse a partir da nebulosa solar, xunto co Sol e os outros planetas do sistema solar. A Lúa formouse máis tarde, posiblemente coma resultado do impacto dun obxecto do tamaño de Marte. A primeira molécula auto-replicante apareceu hai 4.000 millóns de anos aproximadamente.
O desenvolvemento da fotosíntese permitiu ás formas de vida primitivas obter directamente a enerxía solar, producindo osíxeno que se acumulou na atmosfera dando lugar á capa de ozono. As primeiras células complexas que apareceron foron as chamadas eucariotas. As células que se atopaban en colonias comezaron a especializarse cada vez máis, dando lugar ós primeiros organismos multicelulares.
Durante centos de millóns de anos a superficie terrestre cambiou continuamente, formando e rompendo continentes. Aproximadamente hai 750 millóns de anos comezou a romperse o primeiro gran continente coñecido, Rodinia. Posteriormente os continentes recombináronse para formar Pannnotia, hai uns 500 millóns de anos, ata que finalmente formaron a Pangaea, a cal rompeuse hai 180 millóns de anos.
Dende os anos 60 propúxose que varias glaciacións ocorreron durante o período neoproterozoico, cubrindo a terra cunha capa de xeo. Estas precederon á explosión cambriana, período no que as formas de vida multicelulares comezaron a proliferar.
Dende a explosión cambriana, hai uns 535 millóns de anos, ocorreron 5 extincións masivas. A última delas tivo lugar hai 65 millóns de anos, cando se extinguiron os dinosauros e outros grandes réptiles. Tras isto, os mamíferos comezaron a diversificarse dando lugar a moitas especies, entre elas os seres humanos.
María Victoria Estévez Echevers...

No hay comentarios:

Publicar un comentario