viernes, 25 de enero de 2013

materia

-->
A materia
En física,a materia é calquera cousa que posúe masa,ocupa un espazo e está suxeita a inercia A materia é aquilo que existe, aquilo que forma as cousas e que pode observarse como tal; está sempre constituída de partículas elementares con masa non-nula(como os átomos,e en escalar menor, os protóns,neutróns e electróns).
En filosofía, a materia é obxecto de estudos da ontoloxía , a disciplina que se preocupa en responder basicamente á pregunta "Que existe?", sendo definida nalgúns sistemas filosóficos como manifestación da realidade, en oposición á idea.
De acordo cos descubrimentos da física do século XX,tamén se pode
definir materia como enerxía vibrando en baixa frecuencia. A concepción de materia en oposición a enerxía , que perduraba na Física desde a Idade Media, perdeu un pouco do sentido co descubrimento (anunciado en teoría por Albert Einstein) de que a materia era unha forma de enerxía.



María Victoria

No hay comentarios:

Publicar un comentario