Día
Internacional do libro infantil
Desde
1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada
ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora
internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e
selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que
escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un
recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que
se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de
comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes
actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores,
concursos e outras accións puntuais.
María
Victoria Estevéz Echevers....
No hay comentarios:
Publicar un comentario