viernes, 22 de febrero de 2013

As orillas de Las

-->
POESIA DE ROSALIA DE CASTRO
As orillas de Las


Has de cantar
meniña gaiteira
has de cantar ,
que morro de pena .
Canta meniña
na beira da fonte;
canta ,daréiche
boliños doponte.


Canta , meniña ,
con brando compás
dareiche unha proia
da pedra do lar.


Papiñas de leite
tamén chedarei;
sopiñas con viño
torrexas con mel
Patacas asadas
con sal e vinagre
que saben a noces .
!Que ricas que saben !
!Que feira , rapaza,
si cantas faremos ...!
Festiña por fora
festiña por dentro .


Canta ,si queres ,
rapaza dodemo;
canta,si queres ;
dareiche un mantelo .


Canta si queres
na lengua que eu falo .
Dareiche un martelo ,
Dareiche un refaixo ,
Con son da gaitiña
Con son da pandeira
che pido que cantes
rapaza morena .
Co son da gaitiña
co son do tambor
che pido que cantes
meniña , por Dios .




Ainhoa

No hay comentarios:

Publicar un comentario