jueves, 21 de febrero de 2013

Poesía de Rosalía


Poesía de Rosalía de Castro
Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que morro de pena.

Canta,meniña,
na beira da fonte;
canta,daréiche
boliños do pote.

Canta,meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.

Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.

Que ricas que saben!
Que feira,rapaza,
si cantas faremos...

Festiña por fóra,
festiña por dentro.

Canta,si queres,
rapaza do demo;
canta,si queres;
daréiche un mantelo.

Canta,si qures,
na lingua que eu falo.
Daréiche un mantelo.
Daréiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.

Co son da gaitiña,
co son do tambor,
ce pido que cantes,
meniña, por Dios.

Rebeca Romero López

No hay comentarios:

Publicar un comentario