jueves, 21 de febrero de 2013

Poesia de Rosalía

-->
Ó SOL FUN QUENTARME


Ó sol fun quentarme ,
doume escallofríos ,
cal si o Norte Bravo
me arrastrase arisco .
Sentín unha gaita
de alegre sonido ,
i os cabelos todos
puxéronme hiertos ;
e tembreí cal tembra
na beira do río
herba que a corrente
toca cos seus limos .
Miña alma dorida ,
meu corpo inxeliño ,
faivos mal a gaita ,
dávos o sol frío .
Miña alma , meu corpo ,
se non é feitizo ,
é que a morte querme
para o meu enxido .

Giovanna Dapena Díz

No hay comentarios:

Publicar un comentario