jueves, 21 de febrero de 2013

Campanas de Bastabales



Campanas de Bastabales:

cando vos oyo tocar,

mórrome de soidades.



I


Cando vos oyo tocar,

campaniñas, campaniñas,

sin querer torno á chorar.


Cando de lonxe vos oyo,

penso que por min chamades,

e d'as entrañas me doyo.


Dóyome de dor ferida,

qu'antes tiña vida enteira

y hoxe teño media vida.


Sólo media me deixaron

os que d'aló me trouxeron

os que d'aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,

¡ai!, uns amores toliños,

¡ai!, uns toliños amores.


Qu'os amores xa fuxiron...

As soidades viñeron...

De pena me consumiron.



II


Aló pol-a mañanciña

subo enriba dos outeiros

lixeiriña, lixeiriña.


Com'unha craba lixeira,

para oir d'as campaniñas

a batalada pirmeira.


A pirmeira d'alborada

que me traen os airiños,

por me ver máis consolada.


Por me ver menos chorosa,

n-as suas alas m'a traen

rebuldeira e queixumbrosa.


Queixumbrosa e retembrando

por antr'a verde espesura,

por antr'o verde arborado.


E pol-a verde pradeira,

por riba d'a veiga llana,

rebuldeira e rebuldeira.



III


Paseniño, paseniño,

vou pol-a tarde calada,

de Bastabales camiño.


Camiño d'o meu contento;

y en tanto o sol non se esconde,

n-unha pedriña me sento.


E sentada estou mirando

cómo'a lua vai saindo,

cómo o sol se vai deitando.


Cál se deita, cál se esconde,

mentras tanto corre a lua

sin saberse para donde.


Para donde vai tan soya,

sin qu'ôs tristes qu'a miramos

nin nos fale, nin nos oya.


Que si oíra e nos falara,

moitas cousas lle dixera,

moitas cousas lle contara.
Poesía da gran Rosalía

Daniel Fernández Filloy

No hay comentarios:

Publicar un comentario